Thursday 19 de September de 2024

II Cronoescalada Sanrockeira


II Cronoescalada Sanrockeira que tivo lugar en Naraío no serán deste venres organizada polo Concello de San Sadurniño en colaboración con Biela E Chaveta e coa comisión de festas do San Roque 2024.

A proba amadora foi todo un éxito de participación, aínda que finalmente asistiron 70 das 94 inscricións formalizadas. Éxito tamén no deportivo, posto que a contrarreloxo se desenvolveu sen incidencias ofrecendo, ademais, un fantástico espectáculo para o público repartido por varios puntos do trazado.

Na clasificación xeral (e tamén na categoría de bici de estrada) estableceron os mellores tempos Rosa López Teijeiro, do Club Ciclista Cariño cun crono de 21 minutos e 23 segundos; e Juan Luis López de Guereñu Lareu-Balo, do Master da Louriña, quen completou o trazado nuns incribles 13 minutos e 31 segundos.
Os mellores rexistros en bicicleta de montaña foron os de Ana Domínguez Miño, 24 minutos xustos, e o de Javier López López (Caimanes de Betanzos), con 14:44.
As clasificacións completas nas dúas categorías -Absoluta e Máster 50, masculina e feminina- están dispoñibles nesta ligazón.
Desde a área municipal de Deportes quéreselle trasladar o agradecemento do Concello a todas as e os ciclistas asistentes pola súa participación, así como ao Club Biela e Chaveta, á comisión de festas do San Roque 2024, a Fran Bermúdez -encargado do streaming- e a todas as persoas que colaboraron no desenvolvemento da proba.